martes, 12 de mayo de 2009

Como cambiaron as cousas

Ola , eu chámome Ánxela e teño once anos.Na miña vida con respecto a de Ramón Piñeiro cambiaron moitas cousas.
Eu na escola podo falar o galego e Ramón Piñeiro non podía tiña que usar o castelán.
Eu xa non vivín a guerra civil,pero el si.
Cando Ramón Piñeiro naceu na súa casa non había luz eléctrica.cando chegou a luz eléctrica ás casas a el chamáballe a atención as chaves da luz. Estaba xogando todo o tempo con elas, pero cando eu nacín xa tiñamos luz na casa e a min as chaves non me decían nada.
A Ramón asustoulle o tren pero a min encántame

Ánxela Touriñán González.

A vida de Ramón Piñeiro

Aquí o galego é normal,
por non falar do castelán.
Grazas Ramón Piñeiro,
por poñer o galego primeiro.
Moitos libros en galego tes
dende a cabeza ata os pes.
En xornal de memoria,
como a túa vida unha noria.
Ramón, Ramón grazas o teu falar
fixestes moitos libros o ar.
Grazas Ramón Piñeiro,
que fostes un gran persoeiro.
AUTOR: Martín Pouso Tubío

A LOCOMOTORA

A locomotora avanza veloz
deixando un rastro de fume,
o carbón é o seu amigo
o seu amigo é compañeiro
que lle axuda a avanzar


avanzar cos pasaxeiros
cando entras no vagón
ves as cousas a correr
para ti van ao revés
como si os levara un ciclón.

David Piñeiro Torres

O tren de Ramón Piñeiro

Ramón, Ramón,
Ramón Piñeiro,
Como te apoiamos Ramón.
A lingua Galega,
está no seu dereito.
Grazas a ti,
Ramón Piñeiro.
Autora: María Santiago Mareque.