jueves, 30 de abril de 2009

O noso documental

O primeiro que nos plantexamos era ver se éramos capaces de facer unha película.

Dentro do cine analizamos que formatos existen: Entre outros vimos o documental, os anuncios, curtametraxes,etc..
Cada un inventou unha película,esto valeunos para traballar a trama.

Despois de escoitar a lectura de cada un votamos cal era a trama máis interesente.
Éleximos tratar de mostrar como vivían os máis vellos do lugar.
Unha vez elexida a temática,decidimos poñerlle un título: Descubrindo Nebra.

Dividimos o documental en sete partes unha para cada un de nós.
Escribimos o que íbamos a facer,despois tivemos que traer da casa ideas de como se vivía antes, cada un da súa parte.

Pensamos en facer entrevistas para investigar máis. Cada un escribiu dez preguntas, correxímolas e escollemos entre todos as definitivas.

Anteriormente gravámonos un por un dicindo de que trataba a nosa idea.
Para ter máis material a hora de facer a película e comprender como vivían antes trouxemos fotos da casa. Vímolas entre todos , as analizamos e as describimos.Quitámoslle unha foto e as gardamos no ordenador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario