jueves, 23 de abril de 2009

os patiños de cores






Había unha vez unha mamá pata e un papá pato que vivían no río.















Tiñan moitos amigos,alí preto dunha granxa : vacas , cabalos,ovellas,gatos,galiñas,porcos,cans,galos,pombas…
Coidábaos un granxeiro que tiña un tractor onde levaba a comida dos animais.















O granxeiro paseando no tractor atopou a mamá pata:
- Ola, que tal está?
Mamá pata respondeulle:
-Moi ben.
O granxeiro non paraba de mirala e volveulle a preguntar:
- Véxoa moi leda?
Mamá pata díxolle que ía ter filliños que estaban dentro dos ovos: teño 5 ovos grandes de todas as cores: vermello,rosa,amarelo,lila e azul e un ovo pequeno que é de cor negro.














Mamá pata ten que quentar os ovos para que nazcan os filliños.Faltan poucos días e papá pato está moi nervioso.
Os animais da granxa pensaron que os patiños que ían nacer serían de cores, pero non sabían que pasaría co ovo negro.
Durante os seguintes días mamá pata estivo quentando e quentando os ovos, pero tiveron que pasar aínda un par de días ata que empezaron abrir pouco a pouco.Sorpresa!
Cada pitiño era dunha cor :había un vermello ,un rosa,un amarelo, un lila , un azul e un pequeno pitiño negro co pescozo moi longo e pelado.














Mamá pata sorprendeuse, pero non lle importaba, estaba tan leda que as cores dos pitiños eran o de menos.
Pasado uns días ,mamá pata decidiu que xa era hora de ensinarlles a nadar,para poder atravesar o río. Un río que cruzaba polo medio da fraga antes de chegar á granxa,onde os esperaban todo os animais para coñecelos.
Tiveron que atravesar un pequeno camiño que estaba no medio dun trigal e alí había un gran castiñeiro que ao velos lle dixo a mamá pata:
-Ola mamá pata, que leda te vexo!
-Si,si respondeulle, levo aos meus pitiños á granxa de Pepiño para que coñezan a todos os animais e vexan o curral.
Pero de súpeto o castiñeiro veu ao pitiño negro e dixo:
-Ese,ese pitiño negro é teu?

Pero mamá pata non lle contestou nada e seguiu o seu camiño á granxa do señor Pepiño.
De camiño todos os animais mirábana moi sorprendidos, pero ninguén se atrevía a decirlle nada.O camiño á granxa era longo e os pitiños cansos pararon na beira do río a beber.
Chegaba o momento de aprender a nadar e todos tremían de medo menos o pitiño negro que se lanzou á auga a nadar inmediatamente.
Nadaba e nadaba sen parar mentres os seus irmáns mirábano abraiados dende a marxe do río.
- Vinde,vinde que a auga está perfecta e ademáis non vos ides afundir xa que pesades moi pouco!
Os patiños seguían a tremer de medo pese a que o patiño negro divertíase moito. Ao pasar un pouco máis de tempo e ver que o seu irmán disfrutaba como un golfiño, decidiron tirarse ao río.
Pero o peor estaba por chegar!Cando todos nadaban tranquilamente detrás da súa nai cara o curral ao patiño de cor vermella levouno a corrente. Foi o patiño negro quen se decatou do suceso.Entón decididamente mergullouse ata chegar onde o patiño vermello. Co seu pequeno pico agarrouno polas plumas e arrastraouno ata a beira onde estaban os demáis patiños mirando o rescate.


A mamá pata felicitouno pois a pesar de ser o máis pequeno foi o máis valente de todos e o que mellor nadaba, salvándolle a vida ao seu irmán.
Tras o susto seguiron o camiño ata o curral.
A nai sentíase orgullosa de todos os seus filliños pero ao chegar ao curral sucedeu algo inesperado.
Todos os animais que ían visitando burlábanse dos patiños: do negro porque era pequeno, do amarelo porque era moi grande e do resto de cores por ser de cores.
A súa nai furiosa díxolle a vaca :
-Si,si, os meus patiños serán así ,pero ti estás chea de pintas!
Ao cabalo díxolle:
-Si,si, pois cala ti melenudo!
Aos porcos díxolle:
- Si,si, pois menuda colonia botades e estades tan sucios que....
Ao galo díxolle:
-Si,si, menudo presumido es ti con esa barba de cor vermella, afeitaraste dunha vez !
E así con todos os animais da granxa.
Só houbo un animal que non insultou aos patiños, foi a ovella Pintiñas que lles dixo:
-Non fagas caso do que digan por aquí. Os teus pitiños son os máis fermosos do corral,meeeeeeeeeeeeee!

Entón decidiron marchar.Ían cara o río para voltar a súa casa cando de súpeto apareceu un can feroz. O can era negro,cun colar de pinchos. O seu pelo estaba cheo de pulgas, caíalle a baba cando abría a súa enorme boca,ensinando uns dentes afiadísimos e tiña unha fame tremenda.Estaba disposto a comer a todos os patiños dun só bocado.O can ladrou con moita forza:
- guauuu, guuuaaauuu!
E deu un salto cara eles pero a nai que sabía voar e o patiño negro que aprendera dela, colleron no regazo ao resto de patiños e conseguiron fuxir.

Mentras fuxían atemorizados perderon o seu rumbo e chocaron contra un edificio demasiado alto que estaba camuflado nunha cidade e que non lle deu tempo a esquivar.
Co golpe caeron ao chan e quedaron inconscientes, e un vagabundo cun aspecto moi peculiar que pasaba por alí recolleunos. Este vagabundo era alto e delgado e cunha barba espesa e de cor branca.
Era curioso porque a súa roupa era vella pero aínda así estaba limpa,baixo o seu ombreiro levaba un maletín de madeira manchado de pinturas que facía sospeitar que era pintor.
O vagabundo levou aos patiños a unha casa abandonada de madeira. Cando espertaron os patiños viron un cadro onde estaban pintados eles, extrañáronse moito ao ver ese cadro.
O bohemio foi a un museo de moito prestixio e vendeu o cadro por moito diñeiro.Grazas a ese mesmo cadro fíxose famoso.Gañou millóns e comprou un parque natural nunha lagoa de Nebra onde poderían vivir a gusto todo os patiños e deixou ao cargo dese parque aos nenos da escola de Nebra ata que os patiños se fixeran maiores.Cando os patiños medraron todos quedaron coa nai excepto o patiño negro que emigrou ós Estados Unidos. Cando chegou a Disney e coñeceu ó pato Donald, un coñecido personaxe da Tele, propúxolle traballar con el. Despois de moito tempo fíxose famoso e é o que hoxe coñecemos como o Pato Lucas.
Ou non é negro o Pato Lucas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario